miércoles, 5 de diciembre de 2012

HISTORIA DE CHAPELASan Fausto de Chapela
é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 7.696 habitantes (3.954 mulleres e 3.742 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 7.498 habitantes.
ANGOREN Angorén é un barrio de Chapela que se estende dende o barrio de Laredo, ata o Alto da Encarnación, onde se atopa un Cruceiro, e antes había unha Capela, chamada "Do Frade", e tamén un cemiterio. Máis arriba, cara San Vicente, atópase o barrio de Riofrio, onde se atopan os restos do que foi o Condado de Riofrio do Marqués de Santillana, cuxo escudo estaba no paredón que quedaba do antigo pazo. Cando caeu o escudo, foi recollido por José Pérez Presa, que é o dono de todo que foi aquela propiedade.No barrio de Angorén, atópase a empresa Pescanova S.A.; unha das máis grandes do mundo, xa que ten representantes en tódolos mares con empresas en diversos países. Tamén está en Angorén a Empresa Frioya, moi importante en conxelados; e a Empresa Hermasa de construción de maquinaria.
A IgrexaChámase o barrio A Igrexa, porque nel se atopa a igrexa parroquial de Chapela, chamada de San Fausto. Nese barrio está localizado o Faro de Vigo, o Instituto, o Pavillón de Deportes, e o Ambulatorio, así como o Cemiterio. O barrio da Igrexa está composto por moitos barrios, como son: Cidadelle, que chega ata o Picoto,
o barrio de Parada, que chega ata a Madroa,
o barrio de Pasán,
e o barrio da Formiga.



WWW.REDONDELA.ES